Páginas

sábado, 24 de junio de 2017

AQUÍ REMATA O NOSO MUNDO PRIMARIO


ENTRE BÁGOAS IREMOS, ADEUS!

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/entrebagoas/index.html

Unha vez máis e entre todos, construimos este precioso poema para despedirnos desta bonita e longa viaxe.

PROXECTO RENOVA

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/renovaciontribus/index.html

O noso "Capital" ofrecéunos a cada unha das tribus a posibilidade de renovar a nosa tribu e mellorar a nosa calidade de vida. Tivemos que presentar un proxecto que elaboramos entre todos os membros da tribu. Conseguimos presentar a documentación dentro dos prazos e todos conseguimos o desaxado cheque de 100.000 Euros. Un traballo laborioso pero que mereceu a pena.

MAQUETAS

O longo de varios meses na hora de plástica traballamos na construcción de maquetas de cada unha das nosas tribus. Foi unha tarefa moi rica en todos os aspectos na que aprendemos a traballar e decidir en grupo, a aportar ideas e compartilas, a desarrollar a nosa imaxinación a fracasar e saber como resolver as dificultades...foi unha gran tarefa que todos disfrutamos.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/maquetas/maque/maque.htm

SOÑAMOS CON SER MAIORES

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/html/index.html

Por un día soñamos con ser maiores, imaxinamos un futuro próximo, a nosa profesión, a nosa familia e a nosa forma de vida.

lunes, 15 de mayo de 2017

ACOSO ESCOLAR?

O outro dia fixemos unhas enquisas e como os resultados non foron os que agardábamos decidimos poñernos en  acción. Este é o resultado.
Laura M.
http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/acosoescolar/index.html

lunes, 27 de marzo de 2017

ROMPAMOS XUNTOS BARREIRAS POLO AUTISMO

video

Os nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Mestre Valverde Mayo unímonos a esta causa! Rompe con nós as barreiras polo Autismo!



domingo, 19 de marzo de 2017

LENDAS DAS TRIBUS

Escribimos as lendas porque as estudamos no libro. A verdade e que foi unha actividade a mar de divertida. As lendas tiñan que ser inventadas aínda que tiñan que ter un parecido coa tribu correspondente. O que máis me gustou foi que fose en grupo. Anxo V.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/lendas/libro/index.html

domingo, 12 de marzo de 2017

NARRACIÓNS DOS NENOS DO MUNDO


http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/narracions/libro/index.html

Estas narracións están moi ben, recoméndovos lelas. EstaS historiaS trataN dun neno que cae no medio da nada cun paracaídas. Un membro de cada tribu  encontrao e  dende aí parten todas as aventuras. Sara

APRENDEMOS CON KAHOOT


Esta aplicación está moi ben; en vez  de estudar polo libro estudamos por Kahoot.  Aprendemos moito e facemos os nosos propios exames. A verdade que é moi divertida, rimos moito e  pasámolo moi ben. Alba

jueves, 2 de marzo de 2017

CHARLA: "AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA"

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/charlapantallas/xinzo/xinzo.htm
Na clase preparamos unha exposición do entroido de Xinzo de Limia. Cada un preparou unha parte e este é o resultado.Alba

jueves, 9 de febrero de 2017

POESÍA DAS TRIBUS

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/poesia/poesia%20tribus/index.html

Cada tribu fixo unha poesía en equipo sobre a súa cultura. Este é o resultado; escoitádeas; están moi bonitas .Carla

martes, 20 de diciembre de 2016

VOLTAMOS A CASA!!!

Voltamos a casa!...Despois de case catro meses aprendendo a vivir cada un na súa tribu, facemos unha paradiña para disfrutar das nosas familias e recuperar forzas para continuar.

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/voltamosacasa/paron/paron.htm


martes, 6 de diciembre de 2016

FACEMOS OS NOSOS PROPIOS CONTROIS DE CIENCIAS NATURAIS

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/controlesciencias/libro/index.html
Lendo o periódico un mércores, coma sempre, atopamos unha nova sobre os exámes, onde aparecía unha nova forma de aprender e por suposto probámola. Elaboramos os nosos propios controis dos temas de ciencias naturais. Despois fixémolos individualmente nunha plataforma chamada "Edmodo". Aqui tedes o resultado do noso traballo.

lunes, 5 de diciembre de 2016

SAÍDA Ó MONTE SANTA TEGRA

Hoxe fomos ao monte de Santa Tegra, onde vivían os Celtas. Ensináronos algúns restos de castros e da muralla. Logo fomos ao museo a ver as vasixas e outras ferramentas. Ao rematar fixemos unha peza de arxila que decoramos.



jueves, 10 de noviembre de 2016

BLOGS DO MUNDO

Estamos aprendendo a facer un Blog! Serán Blogs de tipo educativo onde subiremos actividades que nos poidan axudar para repasar e reforzar as cousas que facemos na clase. Esperamos que vos gusten e que lle saquedes o maior proveito. Atoparedes os nosos Blogs no lateral esquerdo deste Blog


martes, 25 de octubre de 2016

CHARLA DE SENSIBILIZACIÓN CON BEA



 
Hoxe víu darnos unha charla Bea, representando a  Federación de Persoas xordas de Galicia. Contounos, na pizarra dixital, a historia de Iago, un rapaciño tamén xordo. Ao final disto aprendimos linguaxe de signos. Foi unha visita xenial porque xa a coñecíamos de hai dous ano. Encantóunos volver  vela e seguir aprendendo do mundo das persoas con deficit auditivo. Noemí

CONCURSO DE PORTADAS "As esquinas do mundo"

Nós os nenos e nenas de 6º  decidimos facer un magazine. Fixemos un concurso de portadas que resultaron moi bonitas. Cada un escolleu o material para elaboralo. Uns escolleron por exemplo cera, tiza, carboncillo ou plastilina e foi un concurso moi entretido. Hugo

http://fabiangallie.esy.es/proxecto%20tribus/concursocatroesquinas/concur/concur.htm